VILANOVA > Portos de Galicia considera que a orixe do vertido que hai na dársena do porto deportivo está na rede municipal de saneamento.
{flowplayer}images/salnes/gonzalo_vertidos.flv{/flowplayer}
VILANOVA > Portos de Galicia considera que a orixe do vertido que se produce na dársena do porto deportivo de Vilanova está na rede municipal de saneamento. O organismo autonómico recoñece que hai tempo que ten a nova da existencia destes vertidos e que xa cursou o aviso correspondente ante Augas de Galicia. En Portos, din que están dispostos a erradicar estes vertidos con contundencia inda que non precisaron de que xeito.
Isto contrasta coa versión do alcalde Gonzalo Durán, quen insiste en responsabilizar do problema a Portos. Durán di que o vertido procede dunha fábrica e que sae ó mar a través dunha tubería consentida por Portos. Mentres os políticos discuten, o certo é que cada semana as augas do porto deportivo de Vilanova reciben un vertido de graxa e aceite, e que os responsables das instalacións o levan denunciando desde hai máis dun ano.
Redacción Salnés