BARRO> A Deputación de Pontevedra presenta ó alumnado de Barro a acción artística do programa Mulleres en Acción Violencia Zero. O obxectivo do espectáculo é poñer o foco sobre a lacra da violencia machista. Os alumnos participaron na función mostrando a súa implicación nesta loita.
Dende o ano 2015 a Deputación de Pontevedra está a levar o cabo o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” co obxectivo de apoiar as creadoras e deseñadoras galegas e loitar contra a violencia de xénero. E por elo que a deputación levou ó alumnado de Barro unha performance creada pola artista Teresa Búa.
No acto participaron os alumnos do IES de Barro poñéndose saias xunto cos artistas. O acto espertou algunha risa nun primeiro momento pero rematou sendo admirado por todas e todos os escolares.
Ó final do espectáculo os alumnos e alumnas do colexio Amor Ruibal que o desexaron tamén puideron subir ó escenario e poñerse saias mostrando o seu compromiso con esta loita.