Ribadumia reclama pola vía administrativa a débeda de Núñez Reboredo

    salome100_220208_copy.jpgRIBADUMIA > O Concello recorrerá á vía administrativa para reclamar a Núñez Reboredo unha débeda de 338.000 euros. O goberno local asegura …

    {flowplayer}images/salnes/ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > O Concello recorrerá á vía administrativa para reclamar a Núñez Reboredo unha débeda de 338.000 euros. O goberno local asegura que lle debe este diñeiro polo impago dun convenio que lle outorgaba unha parcela de 13.000 metros cadrados no polígono de Cabanelas.

    O polígono de Ribadumia segue abrindo vellas feridas. A corporación debateu onte unha proposta do goberno local para recorrer pola vía administrativa a suposta débeda de Núñez Rebodedo. O PP insiste en que o empresario debe 338 mil euros por incumprir un convenio de adxudicación dunha parcela na área industrial de Cabanelas. O PP quere que o empresario pague ou devolva o terreo. Sen embargo o BNG cre que si se reclama o cumprimento do convenio, o Concello poderá perder máis do que gaña.

    O asunto xa foi a xuízo e o demandante quedou absolto, logo de aparecer un anexo ó convenio. Nel dise que Núñez Reboredo pagaba a urbanización da parcela por valor duns 120 mil euros. Independentes por Ribadumia afirma que iso se cumpriu, pero Salomé Peña cuestiona a legalidade dese documento. O PP fixo valer a súa maioría para sacar o asunto adiante, aínda que o futuro da reclamación administrativa contra Núñez Reboredo queda no aire.

    Redacción Salnés