Pérez Touriño: ‘non votar é o mesmo que apoiar ó PP’

    mitinpsoe100_250208.jpgVILAGARCÍA > O presidente da Xunta animou ós cidadáns a votar o 9 de marzo. Para Pérez Touriño ‘non votar é o mesmo que apoiar ó PP’.

    {flowplayer}images/salnes/mitinPSOE.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A campaña electoral trouxo esta fin de semana ó Salnés ós candidatos ó Congreso pola provincia de Pontevedra. En Vilagarcía, os socialistas Antón Louro e Domingo Tabuyo contaron co respaldo do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e dunhas seiscentas persoas que encheron a praza da Peixería.

    Foi sen dúbida o mitin dos reproches. Os socialistas non escatimaron críticas ó PP no mitin celebrado onte en Vilagarcía. Domingo Tabuyo, número tres na lista ó Congreso pola provincia de Pontevedra chamoulles mentireiros e acusou ós populares de ter discriminado á comarca do Salnés.

    Xunto ós candidatos Domingo Tabuyo e Antón Louro estivo o presidente da Xunta. Emilio Pérez Touriño repasou os compromisos en materia de infraestructuras adquiridos con Vilagarcía e prometeu que a circunvalación estará rematada a finais de ano. O secretario xeral do PSdeG tamén lembrou os avances sociais acadados polo goberno de Zapatero, en especial para as mulleres. Neste mitin houbo moitas alusións ó PP, incluso á hora de pedir o voto. Para o PSOE non votar é o mesmo que apoiar ós populares.

    Os reproches neste mitin tamén os recibiu o propio PSOE. A pouco de comezar a súa intervención Touriño foi interrompido por unha vintena de membros da plataforma Salva o tren. Levaban un esparadrapo na boca pero os seus carteis e camisetas falaron por si solos.

    Redacción Salnés