A alcaldesa de Sanxenxo contesta ás acusacións sobre o cemiterio de Dorrón

    dv_588_-_dulcinea_100.jpgSANXENXO > A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González ven de anunciar que presentará un recurso de alzada contra a decisión de…

    …Sanidade de denegar a autorización para por en funcionamento o cemiterio de Dorrón. Segundo esta rexedora, esta nova construcción tramitouse como unha ampliación do cemiterio xa existente nesta localidade, polo que non está suxeita ó interposto no artigo 47 do decreto sobre a policía sanitaria Mortuoria; que obrigaría a preservar unha distancia mínima de 50 metros doutras edificacións.

    Deste xeito, desminte á versión do grupo municipal do PSdG, ós que acusa de estar á carón da Xunta e de costas ós veciños. A alcaldesa fai fincapé na nefasta labor deste equipo, e especialmente de Dulcinea Aguín ós que acusan de entorpecer o desenrolo e o progreso deste concello; e á que convida a reunión de mañá co delegado de sanidade en Pontevedra, na que tamén estará acompañada polo presidente da asociación de veciños de San Xoán de Dorrón.

    A réplica de Dulcinea Aguín non se fixo de esperar: Afirma que nuns días este cemiterio de Dorrón pasou de ser novo a ser unha ampliación do mesmo, segundo a versión do concello. Desminte tamén que a alcaldesa a convidase públicamente a xuntanza algunha máis que pola prensa. Dulcinea asegura tamén que a alcaldesa minte máis do que fala e que está a enganar os veciños, tanto con este tema como con moitos outros. Acúsaa ademais de antepoñer os seus intereses de lucro persoais ó beneficio dos veciños.

    Redacción Salnés