Unha vintena de vivendas de Lustres contarán con saneamento

RIANXO> Avanzan a bo ritmo as obras de saneamento na aldea de Lustres en Rianxo. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan Único da Deputación da Coruña por importe de cen mil euros.

As obras que se están a executar no lugar de Lustres dotarán de servizo de saneamento e abastecemento de auga a unhas vinte vivendas.

Unha vez rematados estes traballos, o concello sacará a contratación outros tres proxectos en Foxacos, Burés e Pousada durante as próximas semanas.

Todas estas actuacións, que suporán un investimento próximo ós cincocentos mil euros, veranse complementadas coa nova depuradora que a Xunta de Galicia vai executar en Rianxo. Unha infraestrutura que suporá un gran avance de cara ó sanemaento integral, non só do concello, senón da ría de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí