A Cidade infantil Principe Felipe celebra hoxe o día do medioambiente e da árbore

    medioambiente_100.jpgPONTEVEDRA > Alumnos e alumnas do centro educativo Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra, celebraron hoxe o día do medio ambiente.

    Esta tarde, un grupo de máis de medio cento de rapaces e rapazas continuaron incrementando a masa forestal e axardinada deste entorno, plantando varias plantas e árbores de distintas especies; especialmente hoxe adicaronse á plantación da camelia da que lle deron conta á vicepresidente da Deputación pontevedresa, Teresa Pedrosa, que hoxe quixo estar con eles. Este ano é o segundo no que levan a cabo esta iniciativa que teñen previsto seguir incremento nas vindeiras tempadas. Ademais destas plantacións, os escolares tamén participaron noutras labouras como a reciclaxe, ou visitas a zonas queimadas; destinadas todas elas a incrementar a súa conciencia ecolóxica.

    Os protagonistas destas actividades dan mostra do importante que é para eles o medioambiente e a súa preservación; razón pola cal resumen uns pequenos consellos para que levemos unha vida máis ecolóxica: como non gastar tanta auga, plantar árbores reciclar o lixo ou evitar calquera tipo de contaminación, especialmente á que afecta á capa de ozono.

    Tamén este serán, o colectivo educativo tivo a ben entregar varios recoñecementos ós gañadores do concurso de debuxos sobre o medio ambiente; e tamén ós voluntarios que traballaron arreo na plantación.

    Redacción Salnés