A Pobra contará cunha nova sede do distrito marítimo na zona porturaria

    convenioportos_100_220708.jpgPOBRA > A Dirección Xeral da Mariña MercantePortos de Galicia asinaron un convenio para a construción dunha nova sede do distrito marítimo da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/convenioportos.flv{/flowplayer}

    Este convenio, longamente agardado polas administraciósn implicadas, posibilitará a construción dun novo edifiico para albergar a sede do distrito marítimo da Pobra do Caramiñal, que comprende dende Punta Aguilucho en Palmeira ata Porto Mouro en Boiro.

    Portos de Galicia porá a disposición da Dirección Xeral de Mariña Mercante dependente do Ministerio de Fomento, unha parcela de 542 metros cadrados na zona portuaria, para a construción da nova sede. As dependencias constarán de garaxe, vestiarios, cuarto de instalacións, arquivo e almacén. Na planta baixa situarase a zona de atención ó público , e as áreas de servizos xerais, xestión e inspección, mentres que na planta superior estará o despacho do capitán, a área de seguridade marítima, unha sala de xuntas e outra sala de cartas náuticas.

    Mellora do servizo

    Estas novas instalacións permitirán ós funcionarios da Capitanía Marítina desenvolver o seu traballo en condicións máis dignas e prestar un mellor servizo ós usuarios.

    Durante o acto de sinatura do convenio celebrado no salón de plenos do concello da Pobra, o alcalde Isaac Maceiras amosou a súa satisfacción ante o feito de que por fin se materialice esta vella demanda do concello que contribuirá a mellorar os servizos da Capitanía Marítima no que constitúe o principal porto de descarga de túnidos de Europa.

    Máis convenios

    Nesta liña de dignificar as instalacións das capitanías marítimas, os representantes das administracións autonómica e estatal tamén asinaron este martes outro convenio para a construción dunha nova sede en Cangas, que se vén sumar ós xa asinados en Burela e Cariño e os que aínda están en proxecto, en Bueu e Muros.

    Redacción Barbanza