Fernando Romay, padriño da Vilagarcía Basket Cup

baloncesto250_280208.jpgVILAGARCÍA > A decimoterceira edición da Vilagarcía Basket Cup foi presentada oficialmente hoxe, nas adegas de Martín Códax. A estrela do acto foi Fernando Romay, padriño da competición, que estivo rodeado de personaxes do mundo da política e do deporte.

{flowplayer}images/salnes/BasketCup_280208.flv{/flowplayer} 

A tres semanas para que dé comezo a Vilagarcía Basket Cup, hoxe foi presentado o torneo en Cambados, nas adegas Martín Códax, un acto no que o máis observado e solicitado foi Fernando Romay, que este ano exercerá de padriño do torneo.

Romay quixo animar a tódolos galegos a acudir a presenciar a partires do vindeiro 19 de marzo os partidos deste torneo, xa que, segundo dixo, de aquí xurdirán os Gasoles e Navarros do futuro.

Agárdase por tanto con impaciencia que chegue ese día 19, non só porque dará comezo a competición senón porque os afeccionados poderán desfrutar dun partido de vellas glorias; os veteráns da selección nacional de baloncesto, contra un combinado galego. Epi, Solozábal e Corbalán entre outros confirmaron xa a súa presencia. A ver se demostran aquelo de que a os xogadores de baloncesto nunca perden a boa man.

Do mundo da política, estiveron presentes a concelleira de deportes de Vilagarcía, Victoria Hierro, o vicepresidente da deputación provincial, José Juan Durán e a Delegada Provincial de Innovación e Industria, Montserrat Prado. Todos coincidiron no importante que para unha cidade como Vilagarcía é ter un torneo desta características.

No acto, acompañando a Romay, tamén se deixou ver Pepe Casal, preparador físico galego, vinculado durante moitos anos ó Barcelona, e adestrador persoal de figuras coma Pau Gasol.

Redacción Salnés