NOIA> A exposición itinerante sobre a casa de Rosalía de Castro recalou este mediodía en Noia. A mostra, deseñada por Pepe Barro, fai un repaso dos 50 anos de historia da casa de Matanza na que viviu a escritora máis universal das nosas letras.
A Alameda de Noia acolle dende este mediodía a exposición 50 anos da casa de Rosalía. Trátase dunha mostra itinerante, impulsada pola fundación Rosalía de Castro e a Deputacion da Coruña, que recrea a casa da Matanza a través dun innovador deseño de Pepe Barro.
A través deste percorrido pódense coñecer algúns dos fitos que marcaron a vida e obra da escritora padronesa vinculados a esta casa.
Traía inauguración, os escolares de colexio Jaime Balmes tiveron ocasión de realizar una visita guiada pola mostra da man do presidente da Fundación, Anxo Angueira.