Os clientes de Boiro elixen a Deportes Hermida como o seu comercio favorito

    BOIRO> O centro comercial Boiro Aberto bateu récord de participación na campaña Máis que Comercio desenvolvida na vila durante o mes de novembro. Os clientes distinguiron cos seus votos a Deportes Hermida como mellor comercio local. Boiro lidera a participación na campaña ‘Máis que Comercio’ desenvolvida pola Xunta de Galicia en diversos municipios galegos para incentivar as compras no comercio de proximidade. Ó longo do mes de novembro participaron na iniciativa máis de vinte e tres mil clientes que distinguiron cos seus votos a Deportes Hermida como mellor establecemento. Ademais de entregar o diploma ó propietario de Deportes Hermida, a directora xeral de Comercio entregou tres vales de compra ós clientes premiados nesta campaña. Tamén participaron no acto o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, o presidente da Asociación Boirense de Empresarios, Óscar España, e os responsables de ABANCA no municipio como colaboradores nesta iniciativa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/directoraxeralcomercioboiro0701151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/directoraxeralcomercioboiro070115.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí