A Xunta compromete o Centro de Día no edificio dos Desamparados

    touris_en_vila100.jpgVILAGARCÍA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de promoción pública

    {flowplayer}images/salnes/touris_en_vila.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de promoción pública que se están a executar en Vilagarcía. Estivo acompañado pola alcaldesa e representantes do Concello, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Evaristo Juncal.

    O edificio de promoción pública está na rúa dos Desamparados. Conta con 31 apartamentos de entre 40 e 52 metros cadrados. Todos dispoñen de garaxe e rochos e ademais, o edificio contará no seu baixo cun Centro de Día para algo máis de trinta persoas. Lógrase así, a idea inicial de que este edificio para aluguer sexa inter- xeneracional.

    O Instituto Galego de Vivenda e Solo máis o Consorcio de Servizos Sociais están preparando a sinatura dun convenio que permita comprar ó Consorcio o Centro de Día e equipalo completamente. Cores Tourís falou coa alcaldesa de Vilagarcía para axilizar o máis posible as obras de urbanización dos arredores do edificio, así como os servizos e certas conexións, co fin de que estean listos para setembro, data na que teñen previsto finalizar os apartamentos.

    Redacción Salnés