A Bonoloto deixa en Vilagarcía un premio de 4,7 millóns de euros

VILAGARCÍA> Vilagarcía espertou hoxe cun novo millonario. O sorteo da Bonoloto de onte cun único acertante deixou na cidade un premio de 4,7 millóns de euros. Foi parar a unha administración da rúa Baldosa que nunca antes repartira tantos cartos de golpe.

Se vostedes mercaron un boleto da Bonoloto nesta administración de Vilagarcía e aínda non o revisaron, apúrense porque pode que teñan no seu poder 4,7 millóns de euros. O sorteo de onte sorriulle á localidade, deixando neste despacho da rúa da Baldosa o premio máis alto da súa historia.

Como corresponde nestes casos, a pregunta é obrigada: sabemos quen é o afortunado ou afortunada? Cóntanos a responsable desta admintración que non agardaban repartir tantos cartos dunha asentada. Sen dúbida, o soño de todo loteiro que, no seu caso, xa se fixo realidade. Pedímoslle que faga memoria e que nos conte cales son eses outros grandes premios que repartiu. Témonos que remontar ós anos 2006. 2007  e 2008.

Nós, como xa acostumamos facer cada vez que a fortuna fai parada nalgunha administración da nosa contorna tamén probamos sorte. Este é o noso boleto da Bonoloto para hoxe e mañá. Xa lles contaremos a ver que tal nos foi.