O PP urxe de novo a Touriño a ampliación do Hospital do Salnés

    deputadospp100_301107.jpgVILAGARCÍA > O Hospital do Salnés foi o asunto da rolda de prensa que ofreceron esta mañá os parlamentarios populares

    … Marta Rodríguez e Manuel Ruíz. O PP aplaude a unidade de parto natural presentada hoxe pero reclama ó presidente da Xunta que non atrase máis a ampliación deste centro sanitario.

    O PP acusa ó presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de despreocuparse dos problemas importantes que ten Vilagarcía. Un moi grave, segundo a deputada autonómica Marta Rodríguez, é o atraso da ampliación do Hospital do Salnés. Un centro que, segundo lembra, cubre xa unha poboación de máis de 100.000 persoas, provocando un ‘colapso crónico’.

    Marta Rodríguez afirma que ‘este goberno non quere ver a realidade deste centro e parece que Touriño veu hoxe a sacar a foto para que os veciños o coñezan un pouco mellor. Segundo indicou ‘tiña que vir a comprometer que a ampliación se vai a iniciar’. Outra necesidade que demanda o PP para o Hospital do Salnés é unha unidade oncolóxica con tratamento de quimioterapia. Esta iniciativa foi trasladada xa ó Parlamento Galego a través dunha proposición non de lei.

    Redacción Salnés