PONTEVEDRA > Os afectados pola supresión da tarifa nocturna entregaron hoxe na Subdelegación do Goberno 777 escritos.
{flowplayer}images/salnes/tarifanocturna.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA > Os afectados pola supresión da tarifa nocturna entregaron hoxe na Subdelegación do Goberno en Pontevedra preto de 800 escritos de protesta. A maior parte deles corresponden a usuarios do Grove, Ribadumia, e Vilagarcía, ademais de algún de Meis, Meaño e A Illa. Este grupo de afectados está a chamar a atención sobre os prexuízos que lles ocasionaría a supresión deste servizo. Non só lles suporá un aumento na factura da luz se non tamén un gasto a maiores para adaptar as instalacións.
Este grupo de usuarios está xa ultimando a creación dunha plataforma de afectados. Polo de agora leva organizado charlas informativas no Grove e Vilagarcía, pero ademais de informar, están dispostos a saír á rúa a protestar. Este mércores ofrecerán unha charla na Illa de Arousa e están a xestionar outras en Pontevedra e Sanxenxo.
Redacción Salnés