Luz verde ó orzamento de Ribeira para 2020

RIBEIRA> O pleno de Ribeira aprobou definitivamente o orzamento municipal para o presente exercicio. O acordo saíu adiante nun pleno extraordinario celebrado este mediodía no que se desestimou unha alegación presentada pola Unión Sindical Obrera.

A corporación ribeirense deu o visto bo definitivo ó orzamento municipal de 2020. O acordo saíu adiante a pesar da abstención de BNG e Suma Ribeira e o voto en contra do PBBI tras desestimar a única alegación presentada pola Unión Sindical Obrera relativa á funcionarización do persoal laboral fixo na relación de postos de traballo.

O alcalde explicou que xa se estaba a traballar na negociación para consolidar estes postos de traballo pero a crise de coronavirus interrompeu o calendario.

Durante a sesión tivo lugar tamén a toma de posesión da concelleira Tania Redondo trala renuncia de Dolores Elorduy.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí