Traballadores do LIDL concéntranse en Ribeira para pedir melloras laborais

    lidl_100_030308.jpgRIBEIRA > Un grupo de traballadores da empresa LIDL manifestáronse ás portas do supermercado para reivindicar melloras laborais.

    {flowplayer}barbanza/lidl.flv{/flowplayer}

    A pesar de tratarse dunha potente multinacional con gran expansión en distintos mercados europeos, as condicións dos traballadores dos supermercados LIDL deixan moito que desexar. Así o quixo poñer de manifesto un grupo de traballadores da área comercial ubicada en Ribeira que esta mañá manifestábase ás portas do centro reivindicando os dereitos laborais que a empresa vén recortando dende hai anos.

    Negociacións infrutuosas

    Representantes da CIG, UXT e CCOO xa mantiveron diversas reunións coa dirección da empresa solicitando o pago íntegro dos salarios posto que dende hai dous anos os empregados están cobrando entre 20 e 100 euros menos cada mes. Tamén solicitaron a revisión dos contratos posto que tódolos traballadores están por debaixo da xornada completa o que provoca cambios de turno aleatorios en función das necesidades da empresa e sen ter en conta ós empregados.

    Sen embargo, as favorables negociacións iniciais nas que a empresa amosou a súa vontade de mellorar as condicións laborais tomaron un cambio de rumbo co incumprimento reiterado dos compromisos.

    Demanda

    Por este motivo, os traballadores decidiron poñe-lo problema en mas da xustiza e están a utlima-los detalles para a presentación dunha demanda.

    Mentres tanto, non descartan en emprender novas medidas de presión como a protagonizada esta mañá non só en Ribeira, senón noutros centros da Coruña, Santiago, Carballo e Ferrol.

    Redacción Barbanza