RIBEIRA> O colectivo Mulleres en Acción convoca unha concentración en apoio á familia de Andrea Yturry, asasinada hai tres meses pola súa exparella en Palmeira.
O acto, previsto para mañá ás 11, desenvolverase no adro da igrexa de Palmeira moi preto do domicilio da vítima onde tiña lugar o crime o pasado 19 de marzo.
O presunto autor, Jhul Príncipe Casahuaman, tentou suicidarse tras matar á súa exparella. A consecuencia das feridas que el mesmo se provocou permaneceu varias semanas ingresado no hospital. Tras recibir a alta, a xuíza decretou o seu ingreso en prisión provisional onde permanece dende o 2 de abril. Está prevista a súa saída en vindeiras datas para participar na reconstrución do crime de cara ó xuízo que contará con xurado popular.











