POBRA> Os populares apelan á xenerosidade e á responsabilidade dos demais grupos da oposición para tratar de cambiar a dinámica negativa do Concello destes catro últimos anos.
O Partido Popular volverá a chamar ao BNG e ao Partido Socialista para tratar de acadar un consenso e plantexar unha alternativa de goberno distinta á de Nós Pobra. Sabedores da dificultade dese acordo, os populares apelan á xenerosidade e responsabilidade destes dous grupos para tratar de cambiar a dinámica negativa no Concello destes últimos catro anos.