A mortaldade de cría condiciona tamén a futura campaña marisqueira en Noia

NOIA> Tras un ano nefasto para o marisqueo en Noia, as expectativas de cara a próxima campaña non son boas. Escasea o marisco trala masiva mortaldade provocada polas riadas. Os mariscadores confían en que o pouco que quedou acade talla comercial de cara ó comezo da actividade extractiva.

Á espera das mostraxes que se realizarán entre os meses de abril e maio as expectativas para a futura campaña marisqueira de Noia son mañas. A alta mortaldade de berberecho e ameixa pero tamén da maior parte da cría invitan ó pesimismo.

Ante esta situación, dende a confraría volven reclamar á Xunta que estableza un protocolo para evitar que o baleirado da présa do Tambre coincida coa baixamar, evitando así a drástica caída da salinidade da auga.

Á espera de coñecer o que depara o marisqueo para a próxima campaña, as axudas chegan moi pouco a pouco e non á totalidade dos afectados polo que demandan dende o pósito liñas específicas para paliar as consecuencias destas catástrofes.