POBRA> Na listaxe dos novos centros de saúde que prevé financiar a Xunta, a través da consellería de Sanidade, de cara ás vindeiras anualidades, como tamén os que serán remodelados, non figura o da Pobra. Unha circunstancia que dende o PP critican airadamente.
Os populares fan alusión o acordo que o anterior goberno municipal deixou enriba da mesa para a construción do novo ambulatorio, ó chegar a un acordo cun particular para a cesión de terreos para poder acometer esta actuación, e do que a día de hoxe nada se sabe.
Para o PP o actual centro de saúde xa non reúne as condicións idóneas para a atención ós usuarios, e o executivo local non fixo nada por remediar esta situación.