Representantes da Misela reúnense co conselleiro de Política Social

    NOIA> Responsables da Asociación a Misela, de Atención a Persoas con Discapacidade das comarcas de Noia e Muros, mantiveron esta mañá en Santiago unha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. A reunión tiña como principal finalidade analizar as novas liñas de colaboración da Xunta con esta entidade que atende a máis de trinta persoas, sumando o centro de día e o centro ocupacional. Rey Varela destacou o traballo que realiza a asociación a Misela, entidade integrada na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami, a quen a Xunta, o vindeiro ano, lle incrementará en case un 30% a súa achega, superando os 945 mil euros.