Alarma entre a veciñanza de Portosín por un vertido residual na praia da Coira

vertidoportosin_100_040308.jpgPORTO DO SON > O BNG do Porto do Son denunciou unha vertedura de augas residuais na praia de Coira que alarmou aos veciños de Portosín.

{flowplayer}barbanza/vertidoportosin.flv{/flowplayer}

Dende a agrupación nacionalista sonense consideran “inadmisible” que durante máis de dous días unha vertedura incontrolada estivese derramando augas fecais ao areal de Coria un dos máis concorridos por visitantes durante a fins de semana.

O vertido foi detectado por varios veciños da zona durante a tarde do sábado. Enseguida se deu aviso a policia local que se presentou no lugar para intentar determinar cal era a orixe da vertedura.

Posibles causas

Nun primeiro momento investigouse se se trataba dalgunha rotura da tubaxe da rede de sumidoiros o se algunha das vivendas dos edificios situados a carón do areal realizou algunha conexión ilegal ao desaugadoiro. Finalmente estableceuse que a causa do vertido estivo no atoamento de unha das tubarías.

Dende o BNG sonense creen que o executivo debería extremar as precaucións para evitar que esta situación se volte repetir no futuro.

Redacción Barbanza