Noia Histórica sorteará entre os seus clientes unha viaxe ó Caribe

noiahistorica_100_101207.jpgNOIA > O centro comercial aberto Noia Histórica pon en marcha a campaña de vendas ‘Este Nadal chegámosche ao corazón’.

Esta asociación noiesa de comerciantes pretende incrementar as ventas e a fidelización dos clientes, con suculentos premios coma unha viaxe ó caribe.

O sorteo das viaxes celebrarase o día cinco de xaneiro ás oito da tarde na céntrica praza do Cantón e en caso de choiva nos soportais do Curro xunto ó Coliseo Noela. A diferencia doutras ocasións, desta vez non é preciso atoparse no lugar do sorteo para recoller os premios, senón que Noia Histórica dará quince días ós gañadores para entregar a rifa.

Ambiente navideño

E para acompañar a campaña de Nadal, ademais das rifas, o centro comercial aberto de Noia participou na ambientación das rúas do casco coa colocación de guirnaldas e luces ou a xa tradicional árbore de luz na praza do Cantón. Tamén, grazas ó sistema de sonorización das rúas, no casco noiés soarán panxoliñas durante o horario comercial.

Este ano Noia Histórica volveu repartir entre os seus asociados árbores de Nadal para engalanar os comercios, iniciativa que se leva a cabo en colaboración coa asociación de empresarios. E non podía faltar á súa cita de Nadal o tren infantil, que percorrerá as rúas noiesas os días 15, 21, 22, 24 e 31 de decembro.

Por outra banda, o presidente de Noia Histórica, Francisco Gallardo, quixo aproveitar a ocasión para dar a noraboa ós once establecementos asociados que o vindeiro luns recibirán o selo distintivo de Calidade no Comercio Galego.

{flowplayer}barbanza/noiahistorica.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza