O PSOE ofrece un novo mitin na Sala Capital da Illa

    dv_727_-_illa_100.jpgA ILLA > O partido socialista ofreceu onte a noite un novo mitin, desta volta o acto electoral celebrouse na Sala Capital da Illa de Arousa….

    …e no que o alcalde anfitrión, Manuel Vázquez, recibiu ó actual presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga e o candidato ó congreso número tres pola provincia de Pontevedra, Domingo Tabuyo.

    Os socialistas intentaron achegar á cidadanía da Illa unha mensaxe de positivismo, de promesas cumpridas e de plans de futuro; tal e como resumiu o actual titular de Portos de Galicia, Jacinto Parga na súa quenda de intervención. Parga falou ante os presentes da futura actuación do porto do Xufre, que xa conta cun orzamento da Xunta e sobre o que volverá logo das eleccións con plans concretos. Unha política de actuacións contraria á dos populares dixo, que só propuxeron o Plan Galicia para calar bocas ante a súa actuación vergoñenta.

    Un plan que logo os socialistas retomaron e mesmo ampliaron con actuacións necesarias. No medio dun discurso populista, este membro da cotopt, pediu ó voto para a candidatura encabezada por José Luís Rodríguez Zapatero, co ánimo de evitar que os populares poidan seguir tapando as súas nefastas actuacións ou facendo negocio co erario público.

    Neste mesmo sentido, falou o candidato número 3 ó Congreso por esta provincia, Domingo Tabuyo, acusou ós populares de catastrofistas, cheos de medo e faltos de ilusión; nun partido no que abundan os liderados paralelos. Pola contra, Tabuyo lembrou ós compromisos cumpridos polo goberno socialista nestes últimos anos con temas como a igualdade, a violencia de xénero, ós dereitos dos autónomos,e a dignidade de persoas do mesmo sexo ou dos dependentes e as súas familias.

    A xeito de conclusión, os socialistas insistiron na necesidade de ir a votar o vindeiro domingo, para permitir ó PSOE seguir con catro anos máis de progreso.

    Redacción Salnés