Comezan as declaracións dos imputados no caso da autovía do Barbanza

    xuizoautovia_100_050308.jpgBARBANZA > Comezou en Santiago o proceso xudicial para investigar o suposto delito de prevaricación na adxudicación das obras da autovía do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/xuizoautovia.flv{/flowplayer}

    O martes prestaban declaración no xulgado número dous de Santiago o director Xeral de Obras Públicas, Manuel Morato, e o director xeral de Política Financieira, Eugenio García, mentres que o mércores comparecían o subdirector xeral de Estradas, Antonio López Blanco e a xefa do servizo provincial de estradas na Coruña, Teresa Palacios.

    A acusación partiu do Partido Popular quen presentou a principios de febreiro unha querela contra os membros da mesa da contratación que adxudicou a construción da autovía á empresa Sacyr. Tras tentar, sen éxito, a apertura unha comisión de investigación no Parlamento, para aclarar o suposto desfase de trinta millóns de euros no proceso de contratación, os populares optaron pola vía xudicial.

    Dende as filas socialistas negouse sempre ese suposto trato de favor á empresa concesionaria, alegando que se optou pola mellor opción. Ademais acusan ó PP de enganar falseando as cifras posto que a diferencia a pagar pola administración nos trinta anos de vixencia da concesión será unicamente de 46 mil euros.

    ‘Restitución do honor’

    Polo momento, non trascendeu a declaración de ningún dos imputados polo que haberá que agardar a coñecer o dictame xudicial para esclarecer se houbo o non un delicto de prevaricación. Dende a Consellería de Política Territorial amósanse totalmente convencidos de que a xustiza ‘restotuirá o honor dos funcionarios e profesionais que realizaron a adxudicación legal e transparente das obras de construción da autovía’.

    Cortes na AC-305

    E mentres o proceso xudicial segue o seu curso, os problemas acrecéntanse a pé de obra, especialmente para os condutores que a diario transitan pola estrada comarcal AC-305, alternativa á antiga vía autonómica que permanece totalmente pechada ó tráfico.

    Despois das reiteradas denuncias veciñais relativas ás dificultades de acceso a varios núcleos de poboación e dos innumerables atascos rexistrados nos últimos meses, agora o derrube da ponte de Vilariño obrigará a corta-la estrada comarcal á entrada de Boiro. O concello de Boiro xa está a traballar no acondicionamento da pista de Vista Alegre para desvia-lo tráfico durante os dous meses que durarán os traballos.

    Redacción Barbanza