A volta das ceas aos restaurantes deixa bo sabor de boca entre clientes e hostaleiros

VILAGARCÍA> Os restaurantes vanse adaptando ás novas normas. Esta foi a primeira fin de semana co horario ampliado ata as 11 da noite. Polo xeral, a cousa foi ben, con movemento de clientela e o bo tempo acompañando. Ademais, a partir deste venres en todos eles será obrigatorio usar medidores de CO2. Algúns locais xa se adiantaron e xa dispoñen del, como é o caso do que visitamos nós esta mañá en Vilgarcía.

Hoxe Vilagarcía estrea nivel, o medio-alto, o que implica que a hostalería só pode traballar ao 30% de capacidade no interior e 50 nas terrazas. Pero este cambio non é o único: dende o pasado venres, restaurantes como este, poden abrir ata as 11 da noite.

Este restaurante vilagarcián recuperou as ceas o venres. Esta primeira fin de semana deixa bo sabor de boca.

Ademais dos horarios, a nova norma da Xunta obriga ao uso de medidores de CO2. Serán obrigatorios a partir deste venres. Aquí xa o teñen dende a semana pasada.

Con estes dispositivos, o que se busca é mante-la concentración de CO2  por debaixo de 800 partes por millón. Algo, explica Roberto, que se consegue cunha ventilación constante. Lembra tamén a importancia do cumprimento do resto de medidas, como o uso da máscara cando non se está a consumir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí