Os estudos da apertura de correntes no porto da Pobra non son concluíntes

POBRA> Portos de Galicia estudará novas medidas técnicas para mellorar a produtividade das concesións marisqueiras da Pobra. Os estudos sobre a apertura de correntes no porto, demandados pola confraría, non garanten a rexeneración dos bancos. Os estudos sobre a apertura de correntes no peirao da Pobra realizados por Portos de Galicia non son concluíntes á hora de garantir a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros. Aínda así, dende a administración autonómica seguirán a traballar na busca de solucións técnicas que redunden na mellora da dinámica litoral, tal e como solicitan dende a confraría pobrense.