Sanxenxo executa o precinto da maquinaria de Armarios Alonso

    precintoarmariosalonso100_050308.jpgSANXENXO > A empresa Armarios Alonso, situada en Nantes, foi precintada hoxe por unha orde xudicial do Contencioso Administrativo.

    {flowplayer}images/salnes/precintoarmariosalonso.flv{/flowplayer}

    SANXENXO > A empresa Armarios Alonso, situada en Nantes, foi precintada hoxe por unha orde xudicial do Contencioso Administrativo. Unha denuncia dun veciño propiciou o destape da falla dunha licencia de primeira ocupación da que carecían. Agora trasladarase a maquinaria precintada a outra nave situada no polígono se Sete Pías en cambados. Aínda que a empresa sufrirá un parón de dous meses, a intención de Armarios Alonso é continuar coa actividade.

    Cara o mediodía de hoxe chegaban os efectivos policiais xunto coa secretaria á empresa Armarios Alonso para facer efectivo o precinto da maquinaria para a cal non tiñan licencia de ocupación. Finalmente unha sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo deulle a razón ó veciño que denunciou á empresa meses atrás. A Policía Local executou o precinto de varias máquinas industriais, que dende hoxe empezarán a trasladar para outra nave en réxime de aluguer situada no polígono de Sete Pías, en Cambados.

    Durante o tempo no que se efectuou o precinto o ambiente que se respiraba era desolador, ante a inquedanza que sofren os traballadores de saber que vai pasar coa empresa. Afirman estar indignados porque a dirección da empresa, neste caso José María Alonso, non lle atopou antes solución ó problema. Mentres tanto, os empregados botaron toda a noite de onte para asegurar a entrega dos pedidos e poder cobrar o mes. Nembargantes, a situación é complicada, aínda que afirman que a intención é continuar coa actividade. Para iso aínda terán que esperar 2 o 3 meses, mentres se efectúa o traslado.

    Por parte do concello de Sanxenxo xa se aportou a alternativa dunha parcela de 4.000 metros co 70% do chan edificable. Ó remate do precinto o empresario e dono da empresa Jose Antonio Alonso reuníase cos empregados para valorar a situación e trasladarlles as decisións que se tomarán a partires de agora.

    Redacción Salnés