Sanxenxo recibíu a Copa Graünner de motonáutica

motonautica250_280909.jpgSANXENXO>  Copa Graünner celebrouse esta fin de semana nas inmediacións da praia de Silgar. Moita xente deuse cita nas inmediacións do paseo marítimo para ver de preto este proba, espectacular como poucas.

Éxito de participación e de asistencia á Copa Graunner de Motonáutica que se disputou en Sanxenxo este sábado e na que entraron en liza os mellores pilotos de matos acuáticas de maxi e jet ski, de embarcacións neumáticas PR550 e de Offshore Graünner.

Cun pequeno retraso arrincou a primeira das mangas para as PR550. Igualdade nas primeiras viradas e gran rivalidade ante a que era a terceira e última proba do campionato galego. Tralas tres carreiras disputadas Óscar Martínez e Eva Trezado adxudicáronse a xeral final por enriba de José Lorenzo e David Giráldez. Juan Carlos Solla e José David Álvarez completaron o podium.

Nas Maxi, motos de agua, o vencedor absoluto foi Rubén Cob, segundo Xoel Lago e terceiro José Alberto Martínez. Mentres, en Jet Ski a gran vencedora foi Sandra Fernández, que superou a Iván Fernández e Isidoro Carabelos.

O momento máis agardado chegou cando entraron en competición as Offshore Graunner. Os 400 puntos do primeiro posto foron para David González e Jorge Rei superando a Roberto Gómez e José Manuel Iglesias, e José Ángel Suárez e José Luís Carreiro, segundos e terceiros respectivamente.

Precisamente as Offslhore Graünner optan a formar parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Motonáutica e acudiron a Sanxenxo para dar mostras da súa versatilidade.

Redacción Salnés