Ultímanse os derradeiros detalles da Vilagarcía Basket Cup

baloncesto250_060308.jpgVILAGARCÍA > A menos de quince días para que dé comezo a Vilagarcía Basket Cup estanse a ultima-los derradeiros detalles. Onte soubemos os nomes dos doce rapaces que formarán parte da Selección Galega Xove. Tamén se deron a coñece-los cambios que a organización introduce este ano para mellora-lo evento.

Dentro das melloras que se introducen este ano resaltar a existencia de catro pistas de goma para desputa-los partidos do torneo da base; o ano pasado foran tres. Ademais o graderío para os abonados situarase no lado oposto e elevarase a primeira fila a un metro de altura para que banquiños e mesa de anotadores non impidan ó público segui-lo espectáculo.

Onte déronse a coñecer tamén os que serán os integrantres da Selección Galega Xove, encadrada no torneo co grupo dos equipos foráneos. Entre os 12 elexidos, un vilagarcián, Manu Fernández, xogador do Inelga en Liga EBA nas últimas tres temporadas. O seleccionador Roberto Bouza confía en que o aleiro poida aportar cousas positivas ó equipo.

Ademais, na páxina oficial da Vilagarcía Basket Cup xa se pode ve-lo calendario de partidos para o torneo dos pequenos. Ó final pechouse a inscripción con 106 equipos.

Tódolos rapaces poderán comer no comedor do Colexio Público da Lomba, a diferencia doutros anos nos que se lles daba un bocadillo.

Por último, a organización quixo avisar do alto ritmo de venta de abonos que se está a producir dende a saída destes ó mercado o venres. Ata o de agora xa se adquiriron en torno ó 50% dos billetes polo que non tardarán en esgotarse. Lembrarlles ós interesados que están á venta en Servinova, Bar Pavillón e Motobazar.

Redacción Salnés