O Céltiga perdoa e o Vilalonga lévase o derbi

derbi250_180110.jpgSALNÉS> O Vilalonga impúxose en San Pedro ó Céltiga pola mínima, 1-0. Os da Illa tiveron máis e mellores ocasións pero se foron coas mans baleiras.

{flowplayer}images/salnes/terceira_180110.flv{/flowplayer} 

Invertíronse os papeis do partido de ida. Naquela ocasión gañara o Céltiga, pola mínina pero tras ser dominado polo seu rival. Onte foron mellor os da Illa pero gañou o Vilalonga, mercede a un solitario gol acadado por Sarró ó cuarto de hora. Se cadra a primeira metade non foi tan intensa como a segunda. Aínda así, os visitantes erraron numerosas ocasións e viron como se lle anulaba un gol a Manuel por fóra de xogo, que ninguén entendeu.

No segundo tempo as oportunidades foron innumerables para uns e outros. Primeiro Adrián lanzaba ó pau. Pouco despois e dende a mesma posición colgábaa Óscar Río e Hugo voleaba alto. As primeiras do Vilalonga na segunda metade chegaron cun lanzamento fóra de Jesu e cun remate coa testa de Machu a centro de Saúl, que rexeitou Marcos.

Pero o que seguía a dominar era un Céltiga que onte combinou ás mil maravillas. Só lles faltou introducila dentro da portería, como en dúas chegadas pola banda dereita. Primeiro foi Hugo o que tirou fóra a portería baleira, e despois Manuel o que lanza ó pau con todo a favor. Tamén tivo a súa o Vilalonga cunha chegada dende segunda liña que salva Manu Conles en última instancia.

As actuacións de Pazos e Marcos estaban a ser boas, incluso protagonistas. Pero faltaban por chegar os dous erros. O primeiro do meta local, que acaba sendo solventado por Leo, coma sempre rapidisimo.

O erro de Marcos foi se cadra máis clamoroso. Líouse nun despexe e acabou cometendo penalti sobre Machu. Claro que o porteiro portonovés recibíu o perdón dos seus afeccionados segundos despois cando lle detivo o lanzamento a Miguel. Como no partido de ida, o Vilalonga fallaba un penalti.

Os intentos de empate dos de Pablo Vázquez continuaron ata o final pero o marcador non se movería. Con esta victoria o Vilalonga afianzánase na metade alta da táboa, é oitavo con 30 puntos. Con sete menos, 23, quédase un Céltiga que está a catro do descenso.

Redacción Salnés