En marcha a maquinaria para a recuperación da Illa da Creba

MUROS> O BNG levará ó Parlamento unha ampla iniciativa interesándose pola Illa da Creba. Denuncian a realización de obras ilegais nun espazo protexido así como o as actividades turísticas que se desenvolven na illa sen as oportunas licencias. Ante esta situación, os nacionalistas demandan que se restitúa a titularidade pública deste ben natural que leva cen anos en mans privadas.

Hai quince día constituíase en Esteiro unha plataforma veciñal para para a recuperación da Illa da Creba. Aínda que a illa foi rexistrada como ben privado hai un século, foi na década dos 80 cando comezaron as mobilizacións veciñais ó ver como se construía unha casa, un embarcadoiro e outras instalacións que non contaban coas oportunas licenzas. Mobilizacións que agora se retoman para conseguir que a Creba volva a formar parte do patrimonio público.

En vista de que continúan a executarse na zona traballos sen permiso como unha serie de instralacións eólicas  e fotovoltaicas e mesmo se oferta a illa en alugueiro como destino vacacional, o BNG pedirá explicacións no Parlamento a tódolos organismos implicados. Tanto á Consellería do Mar pola afectación dos recheos ós bancos marisqueiros da zona, como a Medio Ambiente sobre a declaración de espazo protexido e a Comercio e Turismo para coñecer se as actividades turísticas contan con permiso.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí