Ana Peleteiro remata sexta nos Mundiais de Doha

RIBEIRA> Non puido ser. Finalmente non houbo medalla para Ana Peleteiro nos Mundiais de Atletismo de Doha. A atleta ribeirense rematou nun máis que meritorio sexto posto na final de triple, cun salto  de 14’47 metros.

Aínda que en Ribeira se preparaban para a celebración confiados nunha boa actuación da súa veciña máis ilustre…ao final non puido ser… aínda así as sensacións que se viviron na praza do Concello, onde se habilitou unha pantalla xigante para poder seguir a final de triple salto, foron boas…e a xente que se achegou disfrutou moito coa participación de Ana e non parou de animala en todo momento…

Cun salto de 14`47, o seu mellor rexistro na final, a ribeirense estivo lonxe de pelexar polas medallas. Ao final rematou nunha máis que meritoria sexta praza. A vitoria foi para a súa compañeira de adestramentos, a venezolana Yulimar Rojas, que conseguíu a medalla de ouro cun salto de 15’37 metros,  a tan só trece centímetros do récord mundial. Haberá que agardar pois a unha nova cita, xa o ano que vén. A atleta barbanzá, se a respectan as lesións, intentarao..de seguro que polo seu empeño non será…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí