POBRA> Os populares din que suporá un gasto para as arcas municipais de preto dos 200 mil euros ó ano. Unha cantidade, ó seu xuízo, demasiada elevada nos tempos que corren, que podería destinarse a outro fin, como a compra de mascarillas para escolares.
Segundo os populares o gabinete de alcaldía no anterior mandato estaba composto por dúas persoas, o alcalde e unha secretaria. Co acordo acadado no último pleno, no que se aprobaron dúas dedicacións exclusivas, veuse aumentado á cinco. Co conseguinte gasto para as arcas municipais, en preto dos douscentos mil euros.
O voceiro popular sinala que para un Concello como a Pobra é un gasto excesivo. para el un claro exemplo de despilfarro.