A pasarela de moda Pontus Veteris cumpre a súa 21ª edición

    pontus100_060208.jpgPONTEVEDRA > A Cámara de Comercio presentou esta mañá a vixésimo primeira edición da pasarela de moda Pontus Veteris que se celebrará o vindeiro 13 de Marzo

     

    …no Recinto Feiral da cidade. Nesta ocasión serán as firmas María Mariño, Montoto, Araujo entre outras as que expoñerán coas súas coleccións para a temporada Outono- Inverno. A estrela contratada este ano será a modelo e actriz, Blanca Romero.

     Pontus Veteris xa é considerada a antesala da moda galega Internacional. Por iso cada edición concentra a máis adictos á moda pola calidade das firmas que participan neste evento que este ano presenta novidades como a presencia da actriz e modelo, Blanca Romero.

    Entre os participantes nesta quenda atópanse a firma María Mariño que nesta edición aposta pola defensa do negro con saias de tubo, os tecidos que imitan a serpentes e vestidos tallados en punto Roma, tendencias fora da austeridade.

    Míriam Montoto continuará coa súa liña habitual de punto adaptado ós tempos modernos con prendas extravagantes e cinguidas pero buscando a comodidade da muller do século XXI Os abrigos e ponchos con moito volume.

    E Araujo apostará por un estilo urbano onde persistirán os pescozos enrrugados, mangas e cinturóns en cor xeo e ocre.

    As invitacións están dispoñibles nas dependencias da cámara de comercio e deberán ser confirmadas para ter o acceso ó recinto feiral garantido. Lembren a cita ca moda galega será o vindeiro 13 de Marzo ás 9 e media da noite.

    Redacción Salnés