Os expertos apelan á prevención para frear a pandemia da SIDA

    diasida100.jpgRIBEIRA> Un ano máis, o Día Mundial da Sida, serviu para lembrar a importancia da prevención e o diagnóstico precoz no tratamento do VIH.

    {flowplayer}barbanza/diamundialsida2011.flv{/flowplayer}

    Hai trinta anos que se comezaron a diagnosticar os primeiros casos de SIDA. Dende aquela, producíronse numerosos avances no seu tratamento ata chegar a converterse nunha doenza crónica que actualmente non é mortal.

    Sen embargo, a relaxación na prevención motivou que a maioría dos contaxios se produzan por vía sexual e que un terzo das persoas infectadas descoñezan que padecen a enfermidade. Dende Renacer lembran que calquera persoa que teña unha práctica sexual sen protección está exposto a contraer o virus.

    Mesas informativos

    Nesta xornada, Renacer incrementou as súas actividades habituais de intervención nos centros escolares con mesas informativas nos institutos e na rúa peonil de Ribeira.

    Na actualidade, a media galega situase en 74 novos casos por millón de habitantes, moi por debaixo da media española que se achega ós cen. Aínda así, os expertos aconsellan non baixar a garda xa que a prevención é posible pero está unicamente nas nosas mas.

    Redacción Barbanza