![]()
PONTEVEDRA > César Mosquera informou do proxecto definitivo enviado polo Ministerio de Fomento que contempla o tramo do AVE …
…entre Pontevedra e Cerponzóns . Aínda que adxudicación destas obras foran atrasadas, xa están evacuados os informes municipais e no vindeiro consello de ministros procederase a súa licitación.
O Ministerio de Fomento dou luz verde ó proxecto que contempla o último tramo do AVE que une Pontevedra con Cerponzóns . Aínda que o proxecto presenta un atraso considerable debido á un erro cartográfico da empresa concesionaria , as obras encargaranse en breve unha vez se liciten no vindeiro consello de ministros.
A modificación dou paso a novas restructuracións engadidas ó proxecto Outra das novidades que contempla o proxecto de alta velocida está a cubrición da vía do ten que estaba comprometido entre Joaquín Costa e a estación como tamén a ponte que une a rúa 12 de Novembro ata os Xulgados. C
ontemplase tamén os paso entre o anel de Eiriño e Valdecorbos por debaixo da vía, así como a cubrición da mesma ó seu paso pola Seca. O proxecto tamén rexistra o paso por detrás de Tafisa ou o desvío da ponte e do Túnel da Estación os cales quedarán anulados para construír uns novos. Finalmente manterase o acceso a antiga Cros e reporase o camiño da Maré. Entre as alegacións presentadas polo concello atópase a construcción dun paso sobre o río Gafos e que se alongue o paso de Valdecorbos para que enlace co vial existente nese tramo.
Redacción Salnés











