Buscan a un mozo ribeirense desaparecido en Ferrol

    RIBEIRA> Desaparecido en Ferrol un mozo ribeirense desde o pasado sábado. Trátase de Jonathan Fiel Cabadas, de 26 anos, e que ata os 23 residía en Ribeira, onde o seu pai, é un coñecido árbitro de futbol e ex presidente do Atlético Ribeira. O mozo vivía agora en Ferrol e desde este sábado ás nove e media da noite a súa familia non sabe nada del. Jonathan mide 1 metro 74, pesa 80 quilos, e conduce un Ford Fiesta Vermello cunha gran pegatina no capó. O sábado á noite, a última vez que contactaron con él, afirmou estaba limpando o seu vehículo e asegurou que pronto estaría de volta na casa. Se alguén pode aportar algún tipo de información pode chamar ó 112 ou ó teléfono que aparece aparece nas súas pantallas: 642 650 775

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí