SANXENXO> A alcaldesa de Sanxenxo Catalina González e a edil de deportes Isabel González presentaron esta mañá a programación lúdica que se vai desenvolver no municipio con motivo do paso da Volta a España. A rolda ciclista xa está en marcha e chegará a Sanxenxo o vindeiro día 28.
{flowplayer}images/salnes/ActividadesVoltaSanxenxo_200812.flv{/flowplayer}
Resta unha semana e un día para a tan agardada chegada da Volta Ciclista a España ó Salnés. O primeiro lugar en recibir ós deportistas será Sanxenxo, meta dunha décima etapa que tomará a saída en Ponteareas. Dende o concello din estar preparados para que nada falle.
Ó redor da Volta a España crearase un ambiente volcada co ciclismo. O primeiro dos actos progrados é a presentación oficial do paso da Volta, será o día 22 na Praza dos Barcos, un espectáculo dirixido polo xornalista Terio Carrera.
O concello porá en marcha un concurso de fotografía en torno á Volta. O prazo para entregar os traballos será do 27 de agosto ó 3 de setembro e as bases do concursos xa están expostas na web do concello.
Para o luns 27 programouse unha marcha cicloturista solidaria, de Baltar a Punta Vicaño, que ten por obxectivo recadar fondos para unha ONG. O único requisito para participar nela é facer unha aportación económica, mínimo dun euro ou un kilo de comida. Tamén tomarán parte nesta iniciativa famosos e deportistas.
Ademais, para o propio día 28, unha hora antes da chegada da Volta a Baltar, que será en torno ás 17 horas, os rapaces asumirán o protagonismo, na Volta Junior Cofidis.
O broche de ouro porase no porto de Portonovo, cunha festa de fin de etapa que se prolongará durante toda a tarde na que se ofertarán actividades lúdicas para o desfrute de todos.
Redacción Salnés