Gómez Noya competirá no Campionato de España de Triatlón en Pontevedra

PONTEVEDRA> Pontevedra volverá volcarse esta fin de semana co triatlón. A cidade acolle o campionatos nacionais de Tríatlon Sprint e Acuatlón, que contan con máis de 1.500 deportistas inscritos de todas as categorías. Entre os participantes, unha cara moi coñecida para os pontevedreses e os afeccionados ao deporte: Javier Gómez Noya.

 

O triatlón volve a Pontevedra. Máis de 800 deportistas daranse cita esta fin de semana para participar no Campionato de España deste deporte na modalidade sprint. Entre os 100 inscritos na categoría elite, está tamén o cuádruple campión do mundo, Javi Gómez Noya.

O alcalde pontevedrés non ocultou o seu orgullo por que Pontevedra acolla un ano máis esta competición. Tampouco a súa decepción por non conseguir ser a sé do Mundial de distancia olímpica en 2017 e 2018.

Dende as Federacións Galega e Española de Triatlón agradeceron a implicación de Pontevedra e a súa aposta por este deporte.

A competición de triatlón será o sábado, pero o domingo o deporte continúa coas probas do Campionato Nacional de Acuatlón. Ambas citas reunirán en Pontevedra a máis de 1.500 deportistas, algo que, segundo apuntou o alcalde, axudará a dinamizar a economía da cidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/triatlon_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/triatlon_pontevedra.mp4{/flowplayer}