![]()
PONTEVEDRA > O presidente da deputación provincial, Rafael Louzán e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González asinaron hoxe…
…un convenio de colaboración que posibilitará a construcción dunha nova estrada que comunicará o parque empresarial de Vilalonga e o futuro polígono de Meaño. A nova vía iniciarase no polígono industrial de Sanxenxo e desembocará na PO-550 á altura de Xuncablanca entre Vilalonga e Dena e no futuro conectará coa autovía do Salnés. O obxectivo é liberar o exceso de tráfico que soporta a vía urbana PO-504.
Unha firma que o concello de Sanxenxo levaba tempo esperando e que por fin hoxe veu a luz. A nova vía arrancará no polígono industrial de Sanxenxo para desembocar cunha glorieta na PO-550 á altura da Zona de Xuntablanca , entre Vilalonga e Dena
A construcción desta estrada de novo trazado preséntase como unha alternativa que permitirá evacuar o tráfico que nestes intres soporta a PO-504 que transcorre por vía urbana. Para alcaldesa de Sanxexno este é un proxecto importante que se presenta como alternativa debido á problemática existente na PO-504 coa sobrecarga de tráfico que soporta sendo unha vía urbana. Por iso Catalina González solicitará a conversión da estrada en travesía, conlevando a humanización do vial con beirarrúas para garantir a seguridade peonil
A nova estrada medirá 1.800 m contará con dous carrís e dobre orcen cun límite de velocidade de 80 Km/h cunha pendente do 5% A afección para o territorio será mínima e contará cun orzamento de case 1. 800.000 onde se inclúen as posibles expropiacións que se realicen se fose preciso. O proxecto está previsto que se licite este mesmo ano en canto se facilite os acordos coas administración autonómicas.
Redacción Salnés









