Mobilizacións entre os perruqueiros pola suba nun 13% do IVE

    PONTEVEDRA> O IVE pasará do 8% ó 21%. A medida entrará en vigor o 1 de setembro.

    {flowplayer}images/salnes/ProtestaIvePerruquerias_060812.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Perruqueiros de Pontevedra cifra nun 30% os empregos que poderían verse destruídos en Galicia e o peche de 300 negocios en toda a comunidade. Son os datos que extraen despois de coñecer a nova da suba do IVE que neste sector pasará do 8% ó 21%. Unha suba que consideran desproporcionada. 

    A suba farase efectiva o 1 de setembro. Os perruqueiros sopesan a posibilidade de asumir parte desta suba para protexer ós clientes.

    A semana pasada comezaron as movilizacións en Pontevedra, cunha manifestación na Ferrería á que acudiron un cento de persoas. Din que non pararán ata que non se tomen medidas que protexan o seu sector.

    Redacción Salnés