Rianxo embelece a vila co proxecto ‘Máis ala dos muros’

RIANXO> O concello de Rianxo está a facer da vila un lugar máis belo. O executivo presenta o proxecto de intervención artística ‘Viladomar: Máis alá dos muros’, que organiza a Asociación Ondiñas Mainas. Dúas serán as actuacións que se farán no municipio, a cargo de dous artistas rianxeiros, Lara Torres e Nove Noel. Que intervirán nun muro privado no lugar de Xogo dos Bolos e nunha das paredes do Auditorio, respectivamente. O proxecto estará rematado aproximadamente en quince días, e segue o camiño doutras actuacións para embelecer espazos públicos, que están degradados. Dende o executivo recalcan a importancia de animar este tipo de iniciativas. Viladomar tamén serve como unión do pobo de Rianxo, xa que os deseños dos muros estarán inspirados nos contos e lendas dos veciños rianxeiros.