BOIRO> 25 embarcacións participarán na Regata Cenor que se celebrará en dúas etapas entre os Náuticos de Portonovo e Barraña. Componse dun percorrido costeiro de 18 millas de ida e outras tantas de volta.
Os afeccionados á vela teñen unha cita os días 10 e 11 de agosto cando se celebrará a 28 edición da Regata Cenor – Trofeo Concello de Boiro. Sairá o sábado ás dúas da tarde do náutico de Portonovo para chegar a Barraña sobre as 7 da tarde. O domingo a saída está prevista ás 11 da mañá dende o náutico boirense. Participarán unhas 25 embarcacións en catro categorías.
Os participantes estrearán as remodeladas instalacións do náutico de Barraña que contou cunha subvención do concello de Boiro para acometer a nova sede.
Tras estas melloras, o club traballa xa na vista posta na ampliación das prazas de amarre dada a alta demanda.