Boiro Novo presenta o código ético a aplicar se chegan ó goberno

    BOIRO> Boiro Novo presentou o seu código ético. O documento, no que se recollen accións concretas para os membros do partido, no caso de que acaden responsabilidades de goberno. Tal e como se comprometeran nas numerosas reunións celebradas anteriormente á constitución do partido, a asemblea cidadá Boiro Novo presentaba o seu código ético. Un documento que nace coa vontade de recoller un manual de boas prácticas e accións concretas que os membros da candidatura que ocupen cargos electos deberán cumprir, baseándose nos principios de transparencia, a participación veciñal e a ética política. En total serán dez os puntos que recolla este código de boas prácticas, entre os que se atopan, entre outros, facilitar tódolos seus ingresos e bens, renunciar a agasallos e privilexios ou a renuncia de forma inmediata ante calquera tipo de imputación por motivos de corrupción, tráfico de influencias ou condutas punibles.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí