Rianxo promoverá este verán diversos campamentos destinados á mocidade

RIANXO> Co fin de dar tamén unha oferta lúdica á unha franxa de idade moi concreta, mozos de entre 12 e 17 anos, que habitualmente quedan fóra das programacións culturais, o concello de Rianxo vai organizar este verán ata un total de catro campamentos. O primeiro deles, xa un habitual da época estival, será ‘A vila do maña’, do 4 ó 8 de xullo.

Tamén haberá un campamento de teatro distribuído en catro quendas, de xullo ata setembro.

Recupérase tamén o campamento urbano audiovisual, que se desenvolverá do 14 ó 29 de agosto.

Tamén en agosto, do 1 ó 11, terá lugar o campamento tecnolóxico, no que se afondará en contidos coma o deseño gráfico, a robótica ou a creación de videoxogos.

A inscrición en todas estas actividades poderá realizarse a partir de mañá venres a través da web municipal concelloderianxo.gal. Terán preferencia os mozos empadroados no municipio.