O BNG levará ao parlamento a denuncia das familias afectadas polo peche da unidade de prevención de suicidio da área sanitaria de Pontevedra O Salnés

VILAGARCIA> O BNG levará emendas ao parlamento para pedir á xunta máis investimentos en servizos de atención psicolóxica na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés. A formación súmase á denuncia das familias que se viron afectadas polo peche da unidade de prevención do suicidio. Piden que se recupere a unidade e se aumenten os investimentos en atención psicolóxica para salvar vidas.

Os familiares de persoas que necesitan atención psicolóxica na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés denuncian a situación de abandono na que se atopan. Unha das persoas que se atreve a falar do caso é María Jesús Rodilla. Unha veciña de Caldas cuxo familiar necesita atención psicolóxica. Tras meses asistindo cada quince días á unidade de prevención de suicidios, repentinamente a área sanitaria pechou o servizo. Derivando á larga lista de pacientes á unidade de servizo mental dos ambulatorios e alongando as citas ata varios meses.

O pasado ano 307 persoas suicidáronse en Galicia. As familias piden máis investimentos para a atención psicolóxica nos propios ambulatorios, xa que a prevención é vital para evitar os intentos de suicidio.

De esta denuncia fíxose eco o BNG, que levará emendas ao parlamento esixindo á xunta máis investimentos en atención psicolóxica e recuperación na área sanitaria de Pontevedra o Salnés da unidade de prevención de suicidios.

Dende a formación sinalan a súa preocupación polo aumento de persoas que necesitan atención psicolóxica, alertando da gravidade da situación entre a xente máis moza. As familias sinalan que a atención psicolóxica primaria é vital para que as persoas que necesiten axuda se recuperen o antes posible.