BATA celebra os seus trinta anos rodeada de amigos

VILAGARCÍA> A asociación BATA continúa coas actividades para celebrar os seus trinta anos de historia. Este sábado 19 de outubro o Salón García acollerá unha gala na que participarán algúns dos seus usuarios, haberá charlas de persoas con Trastorno Autista e das súas familias, e de profesionais. Tamén se entregarán dous premios “Patacón” a colaboradores da asociación.

Trinta anos non se cumpren todos os días, así que dende a asociación de autismo BATA están decididos a celebralo por todo o alto. Este sábado celebrarán unha Gala moi especial no Salón García, en Vilagarcía.

Catro usuarios da asociación con Trastorno do Espectro Autista serán os encargados de presentar a cita, que contará con relatorios de expertos relacionados coa entidade.

Outro dos colaboradores habituais de BATA non se perderá a cita. Así, a Asociación Nós de Sobradelo será a encargada de pechar a gala. Pero un dos pratos fortes será a entrega dos dous premios Patacón a colaboradores da asociación, para recoñecerlles o seu labor en favor da inclusión deste colectivo.

A cita arrincará ás 5 da tarde, e os interesados en asistir deben comunicalo á asociación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí