![]()
PONTEVEDRA> Os datos reflicten os efectos da crise económica, pero son valorados positivamente dende a Tesourería provincial.
{flowplayer}images/salnes/BALANCE_SEGURIDADE_SOCIAL_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}
As cifras presentadas esta mañá distan dos datos récord recollidos no 2007, amosando o impacto da crise económica. Así, con respecto ó 2009 o número de empresas rexistradas baixara a finais do 2010 en torno a un 1%, unha porcentaxe que se repite no descenso da recadación. A baixada máis forte a atopamos no número de afiliados, que caeu ata nun 3% con respecto ó 2009.
Durante o 2010, a taxa de morosidade á Seguridade Social situouse nun 2,5%. Uns datos que, a pesares de que significan un importante aumento con respecto ó 0,96% rexistrado no 2007, foron ben recibidos dende a Dirección Provincial.
Medidas como o aprazamento para o pago das débedas das empresas axudaron a garantir a continuidade de moitas delas. Durante o 2010, a Tesourería pontevedresa concedeu 2746 aprazamentos, case un 12% máis que no 2009, un recurso solicitado sobre todo por pequenas empresas e autónomos.
A pesares de non contar con datos oficiais, o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, sinalou ás empresas dos sectores da construción e servizos, como as máis prexudicadas.
Redacción Salnés









